Información da Mesa Sectorial do martes 26 de maio
Nesta mesa tratáronse os catálogos de infantil e primaria, a convocatoria de licenzas por formación, a lei de educación dixital, a resolución sobre horarios e o calendario escolar
Unha vez recibida a convocatoria da Mesa (xoves pola tarde) a CIG-Ensino púxose en contacto coa administración para reclamar un adiamento da mesma no referente aos temas do Catálogo de postos de traballo de infantil e primaria, así como do Anteproxecto de Lei de educación dixital e a Orde de licenzas por formación non retribuídas. Non se obtivo ningún tipo de resposta a esta solicitude.
A Consellaría recolleu a petición da CIG-Ensino de volver traer á Mesa a Resolución da xornada laboral do profesorado malia que na anterior dixeron que non ían convocala de novo e que só mandarían o texto coas achegas que considerasen incorporar. Aínda que os cambios introducidos son mínimos, o sindicato levará de novo as achegas do profesorado para que se incorporen melloras reais na xornada laboral docente, demostrando así que sempre tivo vontade de negociación en contra do que manifestou o presidente Rueda.
Por outra banda, é dunha falta de respecto total para o profesorado que se convoque unha Mesa de xoves para martes coa dimensión que teñen algúns dos temas a negociar, e aínda por riba sen ter toda a documentación a venres pola mañá. A Consellaría non só menospreza os órganos de negociación senón que impide que o persoal docente e a súa representación sindical poidan traballar sobre os documentos con rigor e incorporando todas as achegas que consideren necesarias.
Licenzas por formación
Lei de educación dixital
Resolución da xornada semanal do persoal docente
Novo proxecto de resolución sobre horarios
Análise e propostas da CIG-Ensino de cara á Mesa Sectorial sobre o horario do profesorado
CIG-Informa da xornada laboral na mesa sectorial
CIG-Informa de como queda o horario do profesorado. Nova oportunidade perdida
Orde do calendario escolar 2026-2027
Catálogos e postos de traballo de Educación Infantil e Educación Primaria
Proposta de modificación dos catálogos de postos de traballo de Educación Infantil e Educación Primaria entregada en man durante a mesa sectorial

