Convocada a Permanente do Consello Galego de FP para tratar a oferta do próximo curso

A reunión está prevista para o 20 de xuño

Consulta no interior da nova a documentación. Irase publicando a medida que sexa recibida.

1.- Lectura e aprobación se procede, da acta nº 100 da sesión anterior de data 27 de febreiro 2017.

2.- Proxecto de decreto polo que se transforman institutos de educación secundaria  da Comunidade Autónoma de Galicia en centros integrados de formación profesional. Ligazón

3.- Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Promoción de Igualdade de Xénero.

4.- Orde do ... de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta de  formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017-2018. ligazón

5.- Orde do ….. de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2017-2018. Ligazón

6.- Orde do…de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades. Ligazón

 7.- Rogos e preguntas

Volver