
Convenio colectivo estatal de centros de ensinanza de perruquería e estética, de ensinanzas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos
Constituída a mesa negociadora do VII convenio, logo de case pasar un ano da súa denuncia
Este luns 21 de outubro de 2019, foi constituída a mesa negociadora do VII Convenio colectivo estatal para os centros de ensinanza de perruquería e estética, de ensinanzas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos, logo de ser denunciado a finais de outubro do ano pasado. Quedou constituída polas patronais CECE e ACADE e os sindicatos CIG-Ensino, CCOO, UGT e USO.
Acordouse realizar a 1ª mesa negociadora o próximo 15 de novembro de 2019 ás 10:00 horas.