
Contra o peche de centros educativos
NOVA DATA: Xoves 29 ás 11:00 horas diante da Consellaría de Educación
A CIG-Ensino denuncia o peche de centros educativos completos e o traslado de ensinanzas sen información nin negociación previa.
Denunciamos que, “con absoluto escurantismo e ocultación de información ao profesorado afectado e ás familias dos centros”, a Consellaría de Educación vén de impor o peche de dous centros na provincia da Coruña: o CEIP Emilio Navasqüés en Cruceiro de Ro, Outes e o CPI Monte Caxado de As Pontes. Ao tempo, elimina a oferta educativa da ESO no CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, o CPI de Ribeira do Porriño e suprime dez postos docentes no IES de Celanova. Unha comunicación que fixo na véspera do remate do curso escolar.
Toda a información sobre os peches na seguinte ligazón