Contra a instrución da Consellaría que prohibe facer uso ao profesorado do servizo de Comedor
O próximo 17 de decembro está previsto o xuízo
A Consellaría de Educación no seu afán de recortar os dereitos ao profesorado ditou a instrución 3/2010 para o funcionamento dos comedores escolares para o ano 2010-2011, coa pretensión de restrinxir o dereito do profesorado a poder facer uso do servizo de comedor escolar, contradicindo o decreto 10/2007 e a orde do 21 de febreiro de 2007 polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellaría de Educación
A CIG-Ensino procurou que a Consellaría retirara a dita instrución por ser totalmente inxustificada, ilegal e arbitraria. Mais unha vez, a Consellaría malia saber que está infrinxindo unha norma de rango xerárquico superior, non retirou a dita instrución. Por iso, iniciamos unha recollida de sinaturas entre o profesorado para que se modifique a instrución 3/2010 e se garanta o dereito a facer uso do servizo escolar a todo o profesorado.
Onte, día 25 de novembro, a CIG Ensino nunha entrevista mantida co Secretario Xeral de Educación incidiu na necesidade de retirar a prohibición de que o profesorado, se o desexa, e previo pago, poda facer uso diste servizo sen que a administración fose receptiva á nosa proposta.
A CIG Ensino, o 10 de setembro, presentou recurso contencioso administrativo ante o xulgado contencioso administrativo de Santiago solicitando a nulidade da instrución 3/2010 no referente á prohibición do uso do servizo de comedor por parte do profesorado estando previsto para o próximo 17 de decembro o xuízo oral visto para Sentenza.
Novas relacionadas