Continúa sen publicarse o Decreto do currículo de Educación Infantil cando entra en vixencia para o vindeiro curso

Educación infantil

Hai máis de medio ano que o Decreto que estabelece o currículo de Educación Infantil pasou todos os trámites da Consellaría de Educación, porén está sen publicar, malia que para o curso que vén será obrigada a súa aplicación para toda a etapa Infantil de 0 a 6 anos.

O máis estraño e sorprendente é que, malia estar ditaminado polo Consello Escolar de Galiza, desde o día 3 de outubro de 2007 (hai 8 meses), posteriormente polo Consello Consultivo e, segundo recoñeceu a propia Consellaría de Educación, estar enviado ao Consello da Xunta, continúa sen ser aprobado.
 
Unha vez máis, estamos ante unha actuación totalmente inexplicábel e de desconsideración tanto co profesorado como co alumnado, pois, este retraso, inexplicábel, supón que a edición do material escolar e a planificación do próximo curso ou se basea no actual currículo ou se terá que facer sen o tempo suficiente por unha actuación totalmente irresponsábel da Administración.
 
A esta altura cabe sospeitar que será o Sr. Touriño o responsábel de que este Decreto continúa sen aprobarse no Consello da Xunta, unha vez que o proxecto de Decreto xa ten pasado todos os trámites e informes dependentes da Consellaría.
 
A CIG-Ensino quere coñecer cales son as razóns da súa paralización e exixe a inmediata aprobación e publicación do Decreto para poder organizar e planificar o próximo curso escolar ao abeiro da nova normativa que estabelece o currículo de ordenación de toda a etapa de Infantil en Galiza

Volver