
Conseguimos desbloquear a negociación do acordo para a aplicación do V Convenio no Consorcio
A administración queda de facer unha proposta de redacción partindo de que hai acordo ao 99%
De ver que a administración volve dar marcha atrás ou que dilata as negociacións convocaremos en asemblea ás traballadoras do Consorcio para decidir que medidas tomar, que, evidentemente chegados a este punto non pode ser outra que unha folga.