Confírmase o importante recorte aos Equipos de normalización lingüística
A CIG-Ensino xa alertou en xaneiro dunha redución do 69% respecto a 2009-2010 e 2010-2011 e do 75% respecto do 2008-2009
Para a CIG-Ensino a convocatoria para o curso 2011-2012 é a peor das publicadas até hoxe, polo drástico recorte, pero tamén polo atraso excesivo e premeditado na convocatoria –é o curso no que máis tarde se realizou- e porque impide a realización de actividades no primeiro trimestre, setembro 2011-decembro 2011, xa que a convocatoria sinala taxativamente que só se aceptarán facturas do ano 2012, até o 30 de xuño.
A estes feitos súmase agora que os centros acaban de coñecer, once días antes de que remate o prazo de xustificación dos gastos realizados, se finalmente se lles concede ou non axuda, e a contía da mesma. A CIG-Ensino xa denunciara que o recorte na convocatoria tería consecuencias extremadamente negativas, como agora se confirma definitivamente:
| 
   
  | 
  
   Centros aos que se lles concede axuda para o ano 2012  | 
  
   Diferenza de centros que non perciben axuda respecto do curso anterior  | 
  
   Contía total da axuda  | 
  
   contía media  | 
 
| 
   A Coruña  | 
  
   337  | 
  
   -20  | 
  
   89413,48  | 
  
   265,32  | 
 
| 
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
 
| 
   Lugo  | 
  
   125  | 
  
   -5  | 
  
   31708  | 
  
   253,66  | 
 
| 
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
 
| 
   Ourense  | 
  
   117  | 
  
   0  | 
  
   26927  | 
  
   230,15  | 
 
| 
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
 
| 
   Pontevedra  | 
  
   328  | 
  
   -17  | 
  
   101136,92  | 
  
   308,34  | 
 
| 
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
  
   
  | 
 
| 
   Total Galiza  | 
  
   907  | 
  
   -42  | 
  
   249185,4  | 
  
   274,74  | 
 
- Redución significativa do número de centros que se poderán beneficiar destas axudas
- Redución da dotación media por centro que o ano pasado era duns 853€, mentres que este ano é de 274 €, por tanto uns 579€ menos por centro.
- Prexuízos económicos aos centros que programaron e realizaron actividades de normalización no primeiro trimestre, como todos os cursos, xa que este ano non o poderán incluír na xustificación da axuda.
Con esta resolución queda probada a denuncia da CIG-Ensino, feita no mes de xaneiro e reiterada ao coñecerse os datos da resolución provisional. Unha vez máis é a normalización do noso idioma a que sofre os maiores recortes, proba inequívoca de que esta Consellaría de Educación ten un obxectivo claro: procurar a desaparición do noso idioma nos centros educativos e, por extensión, na sociedade galega.
Novas relacionadas

