Concurso Xeral de Traslados Secundaria 2026-2027

Toda a información e seguimento do CXT

Ligazón á páxina web de participación no CXT

Prazos previstos

Prazo de participación previsto: do 5 ao 25 de novembro

Xubilacións

Xubilacións enviadas pola xefatura territorial de A Coruña.
Xubilacións enviadas pola xefatura territorial de Lugo. Ordinarias | Forzosas
Xubilacións enviadas pola xefatura territorial de Ourense.
Xubilacións enviadas pola xefatura territorial de Pontevedra.

Persoal suprimido e desprazado

CIG-Informa

Criterios empregados pola administración para determinar as prazas vacantes de secundaria do CXT

Ligazón

Como actuar para reclamar a praza ou prazas que nos interesan nun concurso de traslados?

En resumo, e de cara a todas as persoas que participamos nos CXT, temos que ter ben claro que existen mecanismos de defensa contra a arbitrariedade da Administración e que se eliminan unha praza ofertada inicialmente debemos reclamar porque só o poden facer se o xustifican, non dun xeito arbitrario.

Teñamos en conta os seguintes pasos durante todo o proceso:

  1. Fagamos seguimento das prazas que nos interesan desde o comezo. Para isto hai que ter en conta varios momentos importantes:
    • A praza ou prazas que nos interesan debe cumprir unha serie de requisitos que se poden consultar todos os anos nos CIG-Informa especiais do CXT. Se a praza non está ocupada por ninguén con dereito de reserva e cumpre eses criterios, debe ser ofertada porque é estrutural.
    • Seguir a comunicación inicial de prazas propostas pola Inspección provincial e que a CIG-Ensino fai pública no apartado do CXT da súa web. Se o que nos interesa non aparece debemos comunicarllo ao sindicato para reclamarlla á Inspección.
    • Revisar a oferta provisional de vacantes publicada pola Consellaría, xa que é a que se considera como documento válido a todos os efectos.
    • Se non aparecen nesa oferta inicial, comuniquémolas ao sindicato para reclamalas perante a Dirección Xeral. En paralelo, presentemos unha reclamación solicitando que se incorpore, coa xustificación precisa.
  2. Se unha praza foi ofertada e adxudicada provisionalmente e despois a retiran nas listaxes definitivas, reclamemos e vaiamos até o final se por puntuación nos corresponde. É o noso dereito e a nosa arma para frear a discrecionalidade da Consellaría.

Videotitoriais

Participación

Baremo

Volver