Concurso Xeral de Traslados 2015-2016
Toda a información e seguimento do Concurso de Traslados do Corpo de Mestres 2015/2016
Convocatoria
Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación (DOG 19-1-2016) ligazón
Resolución definitiva no DOG (DOG 9-5-2016) Ligazón
Vacantes definitivas (DOG 9-5-2016) Ligazón
Instrucións para a toma de posesión do profesorado
Publicada a resolución provisional (10-3-2016) Ligazón
CONCURSO DE TRASLADOS 2015/2016 (INSPECTORES).
CONCURSO DE TRASLADOS 2015/2016 (PRIMARIA)
Información da Consellaria sobre periodo de renuncias e reclamacións
De acordo co establecido na base vixésimo oitava, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación no concurso.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva.
O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias será desde o venres día 11 ao luns 21 de marzo, ambos incluídos.
As reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base vixésimo primeira, podendo envialas, unha vez rexistradas a:
Primaria: Fax: 881999241
Correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es
Secundaria: Fax: 981545484
Correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Datas
Información sobre as posíbeis datas da resolución provisional Ligazón
Vacantes
LIGAZÓN ás vacantes publicadas pola Consellaría na súa páxina web por corpos e especialidades
Información previa sobre as propostas de vacantes facilitadas pola Consellaría e xubilacións Ligazón
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG (Do 20/01/2016 ao 05/02/2016) Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.
Recordamos que no CXT é necesario presentar as solicitudes por rexistro.
Instrucións para o profesorado que teña destino fóra da comunidade Ligazón
Centros con xornada única ligazón
CIG-INFORMA coa posición da CIG-Ensino na Mesa Sectorial Ligazón
Inclúe información sobre o baremo, as puntuacións mínimas na adxudicación no 2014-2015 e profesorado en expectativa, suprimido...no curso 2015-2016.
CIG-INFORMA cos criterios de baremación Ligazón