
Concurso de Traslados 2010 e outras ordes
Convocatorias de Mesas Sectoriais 4 e 9 de novembro
O día 4 celebrase outra mesa sectorial coa seguinte orde do día:
1 Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 18 de xuño
2 Addenda á resolución do 10 de maio do 2010, sobre acceso ás listas de interinidades e substitucións. Ligazón
3 Orde, pola que se modifica a Orde do 7 de xullo de 2009, pola que se da publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de relixión. Ligazón
4 Orde, pola que se anuncia procedemento para cambio de destino e reingresos a resultas deste por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias que se van a extinguir. Ligazón
5 Orde, pola que se convoca concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos. Ligazón
6 Orde, pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes da Consellería de Educación.Ligazón
7 Orde, pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial. Ligazón
8 Rogos e preguntas
Aquí abaixo podes descargar o CIG-INFORMA con información sobre o último borrador do REAL DECRETO DE CONCURSO DE TRASLADOS.