Concentracións a prol de criterios razoabeis para a xornada única

Pola negociación, non á imposición

A CIG-ENSINO valora positivamente a participación do profesorado nas concentracións que se levaron a cabo hoxe reclamando criterios racionais para acollerse á xornada única nos centros de infantil e primaria e colexios públicos integrados. A participación de máis de 600 docentes dos centros afectados por esta problemática.

Concentracións a prol de criterios

razoabeis para a xornada única

 

 

A CIG-ENSINO valora positivamente a participación do profesorado nas concentracións que se levaron a cabo hoxe reclamando criterios racionais para acollerse á xornada única nos centros de infantil e primaria e colexios públicos integrados. A participación  de máis de 600  docentes dos centros afectados por esta problemática.

Agardamos que a Consellaría se aveña a negociar unha nova orde que dea resposta as demandas do profesorado polas cales se mobilizou hoxe. Tendo en conta ademais que desde a CIG-Ensino xa entregou á conselleira de educación máis de 3000 sinaturas como consecuencia que da campaña que vén desenvolvendo a nosa organización desde principios de decembro.

Insistimos en que é preciso que a Consellería asuma as demandas do profesorado:

- Para proceder á modificación da xornada se requirirá a participación do 50 % do censo, entendendo un só voto por unidade familiar, e o voto favorábel dos dous terzos dos participantes.

- O transporte escolar nunca condicionará o cambio de xornada lectiva proposta e aprobada pola comunidade educativa.

Volver