Concentración urxente pola lingua o 7 de abril diante do Consello Escolar de Galiza ás 16.15 h
CONSELLO ESCOLAR DE GALIZA
Concentración urxente pola lingua o 7 de abril diante do Consello Escolar de Galiza ás 16.15 h
Este mércores 7 de abril está convocada a reunión do Consello Escolar de Galiza que terá de aprobar ou reprobar o proxecto do mal chamado decreto de plurilingüismo no ensino non universitario. O inicio da reunión está fixado para as 16.30 en 1ª convocatoria, 17 en 2ª. O lugar será a propia sede do organismo, no antigo hospital de San Roque (Rúa San Roque, 2, a carón da galescola), en Santiago de Compostela. A CIG-Ensino presentou unha enmenda a totalidade para a retirada do proxecto do decreto de plurilingüismo e 57 emendas sobre o articulado. A CIG desde “Queremos Galego!” convoca unha concentración o mércores ás 16.15 diante do edificio do Consello.
Podes consultar nesta ligazón as emendas presentadas por CIG-Ensino.