Concentración o mércores 15 de setembro ás 11.30 h diante da Consellaría, pola contratación de persoal interino para cubrir as necesidades dos centros sen cubrir

Concentración interinos/as e substitutos/as

A Consellaría de Educación vén de publicar a adxudicación definitiva do profesorado de secundaria e bacharelato. Con esta adxudicación non se lles asigna praza a 545 interinos de secundaria e 5 das Escolas Oficiais de Idiomas. Como exemplo: 54 profesores/as de xeografía e Historia, 18 Filosofía, 45 de Debuxo, 63 de Lingua Castelá, 41 de Matemáticas, 29 de Educación Física, 61 de Música, 50 de Lingua Galega, 45 en Francés, etc, en conxunto uns 550 profesores, moitos deles con varios anos de servizo, pasan ao paro. Esta situación pode verse incrementada o vindeiro 14 cando se realice a adxudicación de FP, pois tamén nestas ensinanzas se produciron recortes importantes coa desparición de máis de 20 ciclos formativos.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas