
CONCENTRACIÓN o 25 de novembro ás 11:30 na Consellaría. Contra os colexios que segregan por sexo.
CONCENTRACIÓN
Os concertos educativos cos centros que segregan por sexos provoca o rexeitamento das organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e STEG, por considerar
que entran en confrontación co principio de coeducación que debe defender a
Consellaría.
Resulta indignante que un goberno do século XXI destine cartos públicos para subvencionar colexios que lexitiman e reproducen activamente a discriminación contra as mulleres, expresada do xeito máis fl agrante: a segregación por sexos.