
Concentración diante do MUPEGA onde se vai celebrar o Consello Escolar de Galiza en demanda dunha maior carga horaria para as materias de Tecnoloxía, Plástica e Visual e Música
Carga horaria da ESO
Continúa na segunda sesión o debate de emendas no que se tratará a proposta da CIG
O primeiro día de debate tivo lugar unha concentración co obxecto de demandar unha maior carga horaria para as devanditas materias, diante do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA), coincidindo co Pleno do Consello Escolar de Galiza, no que se vai debater o tema.
A CIG-Ensino ten presentada unha emenda sobre os currículos da ESO no sentido de que a Tecnoloxía amplíe a súa carga horaria até 6 horas, Música a 4 h e Plástica e Visual a 5 horas de impartición obrigatoria en toda a ESO.
Ante o requirimento da CIG sobre a posición da Consellaría e despois de nutridas mobilizacións levadas a cabo e das sinaturas recollidas, a Consellaría manifestou que está estudando o tema e que teremos cumprida información da súa posición final no Consello Escolar de Galiza, que se vai celebrar hoxe.