Concentración diante do Conselleiro pola retirada da circular 5/2009 das EOI

Inauguración do curso

Hoxe ás 13:30 tiña lugar o acto de inauguración do curso escolar no Ensino Secundario no IES Luís Seoane de Pontevedra. O acto foi presidido polo Conselleiro de Educación e el asistiron o Secretario Xeral da Consellaría e o Director Xeral de Recursos humanos, antigo director do centro.
INAUGURACIÓN DO CURSO ESCOLAR EN PONTEVEDRA

Hoxe ás 13:30 tiña lugar o acto de inauguración do curso escolar no Ensino Secundario no IES Luís Seoane de Pontevedra
. O acto foi presidido polo Conselleiro de Educación e el asistiron o Secretario Xeral da Consellaría e o Director Xeral de Recursos humanos, antigo director do centro.
            Media hora antes, comezamos unha concentración no exterior do recinto co obxectivo de visibilizar, unha vez máis, o reixeitamento á circular 5/2009. Máis de 150 persoas fixemos un corredor con dúas pancartas para que o Conselleiro tivese ocasión de ver persoalmente a posición dos afectados, ademais berráronse consignas reclamando a retirada da circular ou criticando que se desprece o traballo do profesorado das EEOOII, motivos os dous para pedir a dimisión do Conselleiro e do Director Xeral de Educación e FP que tan falsas e nefastas declaracións realizou sobre o traballo do profesorado.
                        Desde a CIG-Ensino felicitamos o profesorado das EEOOII pola súa participación nas distintas mobilizacións convocadas. Desde a CIG entendemos que debemos deixarlle claro á Consellaría cal é a postura das traballadoras e dos traballadores ante o que é unha auténtica agresión ao Ensino público e ao profesorado.
 
            Neste momento o Conselleiro ten na súa mesa unha nova petición de entrevista. Seguirá sen contestar nin convocar as organizacións sindicais e negando a realidade, como cando di que neste inicio de curso non hai incidencias? Que ten que pasar para que o Conselleiro se deixe de facer inauguracións e dar discursos propagandísticos, nunha actitude de campaña electoral permanete, e asuma as súas responsabilidades de goberno?
            O vindeiro martes as organizacións sindicais convocamos unha asemblea co profesorado das EEOOII, ás 11:30 no IES das Fontiñas en Compostela, nela analizaremos a situación, mais tamén decidiremos como continuar neste conflito se a Consellaría persiste na súa actitude antidialogante e autoritaria.

Volver