Concentración de traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Consorcio Galego

Mañá Sábado día 12 de decembro as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar concentraranse as 11:30 na Praza do Toural e terán unha posterior Asemblea no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
Concentración de traballadoras e traballadores

 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar 


 Mañá Sábado día 12 de decembro as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar concentraranse as 11:30 na Praza do Toural e terán unha posterior Asemblea no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
Ante a política de desmantelamento que está levando a cabo o Partido Popular no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, concretada en medidas como o peche das Oficinas I+B, a privatización dos novos Centros de Día ou a paralización das Oposicións as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar concéntranse, mañá sábado ás 11:30 horas, para esixir a Aplicación inmediata do Convenio Colectivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, asinado entre o propio Consorcio e as organizacións sindicais que maioritariamente nos representan, e ratificado polos catro comités de empresa. Que se contemplen nos orzamentos da Xunta as partidas necesarias para poder manter todos os postos de traballo das Oficinas I+B e os servizos que prestan. Que se celebren os procesos selectivos de persoal xa convocados e coas bases aprobadas e publicadas e que se resolvan todas as irregularidades que se están a dar na actualidade no que ten que ver coa xestión das listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, falla de recursos materiais e humanos, despedimentos, oferta formativa insuficiente, etc.
Tamén esixirán o non desmantelamento do carácter público do Consorcio e a non Privatización dos Servizos Sociais.
Posteriormente celebrarán unha asemblea na que estudarán as medidas a adoptar.

Volver