Concentración de máis de 300 profesores e profesoras en contra do despedimento do profesorado interino

Concentración Mércores 17

Máis de 300 profesores e profesoras concentráronse, convocados pola CIG-Ensino, fronte a Consellaría de Educación en contra dos despedimentos dos interinos e interinas e do recorte de prazas nos centros.
Concentración de máis de 300 profesores e profesoras, convocados pola CIG-Ensino, en contra dos despedimentos dos interinos e interinas
 
Máis de 300 profesores e profesoras concentráronse, convocados pola CIG-Ensino, fronte a Consellaría de Educación en contra dos despedimentos dos interinos e interinas e do recorte de prazas nos centros.
 
É inadmisíbel que esteamos asistindo a un inicio de curso no que a Consellaría de Educación está reducindo os cadros de persoal dos centros de ensino e condenando ao paro a máis de 135 interinos/as que traballaron durante todo o curso pasado, non coloca a todos os funcionarios/as en práctica, é dicir non teñen centro de traballo, ou lles outorga praza que non é da súa especialidade.
 
A CIG-Ensino denuncia un recorte importante de profesorado nos centros educativos que se constata en que:
 
  • Máis de 50 centros viron recortados os cadros de persoal que tiñan asignado respecto do curso pasado. 
  • A Consellaría négase a cubrir prazas imprescindíbeis solicitadas polos centros.
  • Se asignan destinos nos que o profesorado ten que impartir ademais da súa materia 1, 2 ou 3 materias que non son da súa especialidade. Temos perfís tan disparatados como os que van a seguir: Filosofía coas afíns Informática e Economía; Latín con Francés e Música; Música con Latín e Informática; Música con Bioloxía e Informática; Educación Física con Música e Debuxo…
 
Esta política educativa de restrición de profesorado supón, entre outros, que:
 
  • Haxa aulas cunha rateo superior que o estabelecido legalmente ao non contar os repetidores para estabelecer os grupos.
  • Non se poidan levar a cabo desdobres.
  • Os centros non poidan executar programas previstos para reducir o fracaso escolar.
  • Non existan apoios educativos, nin que se leven a cabo Programas de Diversificación Curricular.
 
As mobilizacións promovidas pola CIG-Ensino continuarán até que a Administración recoloque a este profesorado e de unha solución a estes problemas. Temos solicitado a Reunión da mesa Sectorial e unha entrevista coa Conselleira.

Volver