Concentración de Delegados/as da CIG-Ensino diante da grave situación xerada pola adxudicación deste ano

Profesorado sen traballo, centros sen profesorado

Delegados/as da CIG-Ensino e profesorado interino, ante a grave situación deste profesorado, concentráronse hoxe, 15 de setembro, diante da Consellaría de Educación, para esixir que se satisfagan as necesidades dos centros e que se adxudiquen prazas a todos os interinos e interinas. Unha vez feita a adxudicación definitiva do profesorado en todos os niveis educativos, 676 interinos e interinas de ensino secundario quedan sen traballo, mentres numerosas necesidades dos centros seguen sen ser atendidas.

  Delegados/as da CIG-Ensino e profesorado interino, ante a grave situación deste profesorado, concentráronse hoxe, 15 de setembro, diante da Consellaría de Educación, para esixir que se satisfagan as necesidades dos centros e que se adxudiquen prazas a todos os interinos e interinas.

Unha vez feita a adxudicación definitiva do profesorado 
en todos os niveis educativos, 676 interinos e interinas
de ensino secundario quedan sen traballo, mentres numerosas
necesidades dos centros seguen sen ser atendidas


A Consellaría de Educaciónvén de publicar a adxudicación definitiva do profesorado de secundaria, bacharelato, formación profesional, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música, artes e deseño. Con esta adxudicación non se lles asigna praza a 676 interinos/as, 543 de ESO e bacharelato, 87 de formación profesional, 34 dos conservatorios de música, 5 de artes plásticas e deseño e 7 das Escolas Oficiais de Idiomas. Como exemplo, 54 profesores/as de xeografía e Historia, 18 Filosofía, 45 de Debuxo, 63 de Lingua Castelá, 41 de Matemáticas, 29 de Educación Física, 61 de Música, 50 de Lingua Galega, 45 en Francés, 34 de procesos comerciais e administración de empresas, etc, en conxunto uns 676 profesores/as, moitos deles/as con varios anos de servizo, pasan ao paro.
 
Resulta inadmisíbel que a Consellaría non atenda a petición de dotar de máis profesorado os centros, recortando os cadros de persoal destes e suprimindo as ensinanzas de adultos en máis de 50 centros e que, porén, deixe sen traballo a 676. Este recorte do profesorado supón un duro golpe á calidade do ensino público xa que vai ser imposible facer fronte ás necesidades educativas e á atención á diversidade. Non se poderá levar a cabo medidas tendentes a reducir o fracaso escolar xa que non haberá profesorado para implementar desdobres, unha atención personalizada e moito menos a redución de alumnos/as por aula. Esta adxudicación tamén confirma que numeroso profesorado terá que impartir materias das cales non é especialista o que suporá unha mingua lóxica na calidade da docencia e un empeoramento no traballo que ten que realizar o profesorado. Só na adxudicación de secundaria e bacharelato, de 1387 prazas adxudicadas, 612 son prazas con materias afíns (445 con unha afín, 124 con dúas afíns e 43 con tres afíns) é dicir 612 profesores teñen que impartir aulas en especialidades das que non son especialistas.
 
Ademais do profesorado interino sen posto adxudicado, hai tamén funcionarios en expectativa de materias comúns de secundaria que seguen sen se lles adxudicar posto de traballo aínda sendo funcionarios de carreira: Lingua castelá e literatura, matemáticas, Música, Lingua e literatura galega e Procesos comerciais, entre outras. Hai que sinalar que esta situación reitérase un ano máis, pois xa no pasado curso a varios profesores e profesoras funcionarios non se lles adxudicou destino no inicio de curso e nalgúns casos tiveron que realizar substitucións.
Unha vez máis, evidénciase a necesidade dun acordo de estabilidade que evitaría que os interinos e interinas quedasen sen traballo e que os centros puidesen ter uns cadros de persoal máis amplos.

Volver