
Concentración da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos este martes ás doce diante do Parlamento
A convocatoria en defensa dos servizos públicos e dos nosos dereitos laborais e salariais coincide co debate no Pleno dos orzamentos para o 2013
Coincidindo co debate dos orzamentos para o ano 2013, as organizacións sindicais do ámbito das administracións públicas, que constitúen a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, convocan un concentración diante do Parlamento para este martes 28 de febreiro en defensa dos servizos públicos e dos nosos dereitos laborais e salariais.
Esta concentración súmase ás celebradas o pasado xoves 21 de febreiro en todas as cidades galegas nas que miles persoas se mobilizaron contra uns orzamentos que afondan na destrución de emprego.