Concentración con acto reivindicativo lúdico por un bacharelato compensado, laico e de calidade

Relixión fóra do horario ordinario

O día 14 de maio, ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación, a CIG-Ensino realizou unha concentración e un acto reivindicativo-lúdico co obxecto de chamar a atención sobre a degradación que sofre o bacharelato co decreto que propón a Consellaría.
Concentración con acto reivindicativo lúdico
Relixión fóra do horario ordinario
Bacharelato compensado, laico e de calidade


O día 14 de maio, ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación, a CIG-Ensino realizou unha concentración e un acto reivindicativo-lúdico co obxecto de chamar a atención sobre a degradación que sofre o bacharelato co decreto que propón a Consellaría.
 
Concentráronse máis de 200 persoas representando simbolicamente o que supón o decreto de bacharelato con diferentes escenas nas que quedaron patentes as consecuencias de manter a relixión no horario ordinario do bacharelato a custa doutras materias cun partido de fútbol entre a Consellaría e a cúpula eclesiástica contra os filósofos, historiadores, tecnólogos, etc... reivindicando, así, un bacharelato máis compensado, laico e de calidade. Un bacharelato que se concrete, entre outras cousas, en:
  • Incrementar a carga horaria de Filosofía e Historia nunha hora á semana a conta da Relixión, posto que esta materia non debe formar parte do horario escolar de todo o alumnado.
  • Que todos os centros impartan, como mínimo, dúas modalidades de Bacharelato
  • Reforzar as materias de Música e Tecnoloxía, ofertando música como optativa obrigatoria, tanto en primeiro como en segundo de Bacharelato, amais de Historia da Música.
  • Que a modalidade de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía teñan que ofertar todas as materias propias da modalidade, incluídas Electrotecnia e Tecnoloxía I e II.

Volver