Comisións de servizo de conciliación 2025

Seguimento das comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar.


Ligazón á páxina web de solicitude das comisións

Resolución Definitiva 

Resolución do 8 de xullo de 2025 (resolución definitiva)

Anexo I Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)

Anexo II Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria e outros)

Resolución Provisional 

Resolución do 26 de xuño de 2025

Anexo I_Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)

Anexo II_Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria e outros)

Prazo reclamación: do 30 de xuño ao 4 de xullo.

  • Como reclamar (información da Consellaría)

    De conformidade co artigo 10 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 30 de xuño e o día 4 de xullo de 2025, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:

    1.  Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
    2. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
    3. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.

      IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

    4. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

    A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.

Prazo de solicitude

Do 23 de maio ao 5 de xuño

Normativa

Orde de comisións de servizo por conciliación. Publicada no DOG o 30 de abril de 2019. Ligazón

Información

CIG Informa das comisións de conciliación.
Prazo de participación: 10 días hábiles despois da publicación do CXT

Videotitorial

Volver