Comezan en Ferrol os peches nas Escolas Oficiais de Idiomas para exixir a retira da circular 5/2009

Comezan os peches nas EEOOII

Profesores/as e delegados/as sindicais iniciaban por volta das 7:00 horas do luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada da circular 5/2009 emitida pola Consellaría de Educación o pasado mes de xullo. A medida de protesta estenderase a outros centros do País até o vindeiro 22 de outubro e vai acompañada dunha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación e ao Director Xeral de Educación.
Comezan en Ferrol os peches nas Escolas Oficiais de Idiomas para exixir a retira da circular 5/2009
As protestas prolongaranse até o 22 de outubro de xeito ininterrumpido en seis centros.



Profesores/as e delegados/as sindicais iniciaban por volta das 7:00 horas do luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada da circular 5/2009 emitida pola Consellaría de Educación o pasado mes de xullo. A medida de protesta estenderase a outros centros do País até o vindeiro 22 de outubro e vai acompañada dunha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación e ao Director Xeral de Educación.

 Arredor dunhas 50 persoas iniciaban este luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada das instrucións remitidas pola Consellaría o pasado verán a respecto do funcionamento destes centros. A medida, que forma parte do conxunto de accións que as organizacións sindicais e o profesorado están levando a cabo en contra da circular, dá continuidade á folga convocada o pasado 9 e 10 de setembro nas EEOOII, secundada pola maioría dos docentes.
Dende a CIG-Ensino critican a teima de Educación por aplicar unha circular que vai supor unha modificación á baixa das condicións laborais do profesorado, unha redución importante do persoal (xa se teñen eliminado máis de 30 postos) e traerá un empeoramento da calidade das ensinanzas de idiomas.
“Con estas medidas, a Consellaría busca pór en tela de xuízo o ensino público, xa que en vez de estender o ensino dos idiomas en centros públicos, recorta e diminúe a súa calidade anulando mesmo as aulas complementarias de reforzo”, lamenta o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao. 

Falta de negociación
Para a CIG tamén resulta inadmisíbel a actitude da Consellaría de Educación que, ante a petición unánime dos/as profesores/as e organizacións sindicais para a retirada da circular e o inicio de negociacións na Mesa Sectorial, até “hoxe non achegou ningunha resposta”. “O conselleiro está amosando o seu talante arbitrario e ditatorial, xa que non foi capaz de abrir o diálogo a respecto desta cuestión. Pero non dubidou, a través do Director Xeral de Educación e Formación Profesional, en difamar o traballo do profesorado con afirmacións e mentiras para poñer en cuestión o traballo dos docentes diante da opinión pública”, afirma Louzao.
Dende a CIG-Ensino agárdase que os peches, que se prolongarán até finais de mes e afectarán a seis escolas (Ferrol, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense e Santiago), leven a Consellaría a recapacitar sobre os seus posicionamentos. 

Medidas complementarias
Os peches nas Escolas Oficiais de Idiomas completan toda unha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e ao Director Xeral de Educación, José Luís Mira Lema.
O peche na Escola de Ferrol continuará até ás 7:00 horas do mércores 7 de outubro, momento no que collerá a quenda o profesorado do centro de Pontevedra (7 e 8 de outubro), para continuar os encerros en A Coruña (13 e 14 de outubro),  Vigo (15 e 16 de outubro), Ourense (19 e 20 outubro) e finalmente Compostela (21 e 22 outubro).
 

Volver