• correlingua pontevedra 19 (1).jpg
  • correlingua pontevedra 19 (2).jpg
  • correlingua pontevedra 19 (3).jpg
  • correlingua pontevedra 19 (4).jpg
  • correlingua pontevedra 19 (5).jpg

Colofón final ao Correlingua 2019 con 1.500 escolares en Pontevedra

A carreira saíu da praza da Ferreiría para recorrer as rúas máis emblemáticas da cidade baixo o lema "O galego é a fórmula"

Pontevedra acolleu hoxe a festa final do Correlingua 2019 que vén de completar 11 días de marchas pola nosa lingua após comezar en Cangas o pasado 2 de maio.

Arredor de 1.500 estudantes dos colexios e institutos da comarca Pontevedresa encheron un ano máis as rúas da cidade de cantos, berros e alegría… en galego. O Correlingua comezou ás 10:45 h e rematou na praza da Ferraría ás 11:20 onde Luís O Caruncho foi o encargado de presentar a festa final na que tivo lugar unha entrega de agasallos e as mozas e mozos participantes puideron gozar da actuación da gañadora do Cantalingua deste ano: PAULINHA.

Os participantes procedían de todos os niveis educativos e dos seguintes centros: CEIP Manuel Vidal Portela, CEE Pontevedra, CEIP Praza de Barcelos, CPR Sagrado Corazón de Placeres, CPI de Pontecesures, CPI Julia Becerra Malvar, IES den Ponte Caldelas, CPI do Toural, CEIP A Xunqueira 2, IES Frei Martín Sarmiento, CEIP San Martiño, CPR Santiago Apóstol, CEIP A Lama, CEEPR Amencer-Aspace, Centro de día Amencer-Aspace, CEIP Santo André de Xeve, CPR Salesianos A Mercé, CEIP Marcos da Portela, CPI de Meis, IES A Xunqueira 1.

Nesta edición do Correlingua en Pontevedra, ademais da participación de diferentes institucións e concellos, a organización quere agradecer especialmente a colaboración das librarías pontevedresas: Paz, Seijas, El pueblo, Nóbel, Escolma, Clip, aviones de papel e D Lectum; así como das editorias pontevedresas OQO e Kalandraka, que nos ceden os lotes de libros que se reparten entre os centros participantes.

Volver