Cobro paga extra 2012

A Consellaría segue negándose a pagar o que nos adebeda

Información da reunión mantida co Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

O Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, en reunión mantida coa CIG comunicounos os seguintes prazos para o pago das cantidades adebedadas da paga extra de 2012:

  • 25% da paga extra en abril de 2016
  • 25% da paga extra en setembro de 2016

Adiantounos tamén que no 2017 recuperaríamos xa os complementos na paga extra. Recordamos que por moito que desde a Xunta falen de recuperar o 100% da paga isto non é certo, posto que segue pendente por recuperar o recorte efectuado polo estado español.

Desde a CIG esixímoslle ao Conselleiro o pago das cantidades adebedadas polos recortes nas pagas extra de 2013, 2014, 2015 e 2016. 

Nin sequera foi quen, o Conselleiro, de adiantarnos que pagaran as cantidades devindicadas da paga extra de 2013 nas que a Xustiza tenos dado a razón en infinidade de sentenzas.

Solicitámoslle tamén a derrogación dos sucesivos recortes que nos foron aplicados ao persoal funcionario e laboral tales como descontos por incapacidades laborais ou non pago de vacacións ao persoal substituto entre outros temas.

Volver