CigLembra, un novo pulo á nosa canle de Telegram

Recorda que tamén nos podes seguir en twitter, facebook e instagram

O CigLembra é unha mensaxe que se enviará todos os luns e que incluirá información docente de interese xeral.

Presentamos o novo CigLembra, unha mensaxe informativa que, os luns, recibirán todos os subscritores á nosa canle de Telegram.

Estruturarase en dúas partes.

A primeira incluirá accesos directos ou información sobre os concursos, comisións, listas abertas ou procedementos activos no momento do envío da mensaxe.

A segunda parte será un calendario que informará dos prazos de todo o incluído na primeira parte da mensaxe.

Para unirte á canle informativa debes seguir os seguintes pasos:

a) No móbil

  1. Descargar a aplicación Telegram para Android ou iOS e rexistrarte nela.
  2. Unirte á canle pulsando aquí.

b) Nun PC

  1. Entrar na web da aplicación e rexistrarte nela.
  2. Unirte á canle pulsando aquí.

Volver