
CIG Informa sobre a Reforma Educativa do PP
Outras consecuencias desta nova proposta de ordenación da ESO e do Bacharelato
Vén sendo norma que cando hai alternancia no goberno do Estado veña acompañada de reformas educativas. Porén estas reformas seguen sen alterar a columna vertebral do sistema educativo, contemplada no artigo 27 da Constitución, que consagra o principio de liberdade de ensinanza. Prevalece, así, a privatización e a extensión dos concertos educativos co fin de controlar ideoloxicamente e de propagar valores
retrógrados, contrarios a unha educación científica, laica e dun Estado plurinacional.