CIG-Ensino, UGT, CCOO-Ensino, USO e SNEP reafirman a unidade sindical no sector do ensino concertado galego e anuncian que continúan coas mobilizacións como única vía para abrir a mesa tripartita concertada
As OO.SS, CIG-Ensino, UGT, CCOO Ensino, USO e SNEP reafirmamos a nosa unidade sindical no sector do ensino concertado galego, logo da ruptura sindical de FSIE.
Anunciamos que continuamos coa folla de ruta de mobilizacións acordada para presionar á Consellería de Educación e lograr a apertura da mesa Tripartita de negociación.
As próximas mobilizacións terán lugar o vindeiro 26 de xuño en Vigo e A Coruña, quedando pendentes de confirmación o lugar e a hora de celebración. A seguinte, caso de non rectificar o conselleiro Román Rodríguez, será unha xornada de folga o 1º día de clase do curso 2026/27.
As organizacións sindicais que mantemos esta unidade representamos conxuntamente a maioría sindical do sector en Galicia e apostamos por seguir avanzando desde a unidade de acción, convencidas de que é a mellor ferramenta para defender os dereitos e mellorar as condicións laborais de todas as persoas traballadoras do Ensino Concertado.
Novas relacionadas

