CIG-Ensino solicítalle á CIUG que non modifique os criterios das probas de acceso á universidade

Tamén llo solicitamos ao Conselleiro de Educación

Sabendo que o alumnado escolleu unha matrícula tendo en conta uns criterios que, agora, a menos de dous meses para a celebración das ABAU se ven modificados, a CIG-Ensino solicítalle á CIUG que esta medida non entre en vigor e que se recuperen as táboas de ponderación vixentes no momento en que o alumnado realizou a súa escolla, engadindo as modificacións imprescindibles que as novas materias LOMCE requiran e adiando calquera modificación a cursos posteriores, dado que as persoas afectadas xa non poden modificar unha elección realizada cuns criterios distintos, pero vixentes no seu momento.

Ligazón

Volver