CIG-Ensino reclama a convocatoria de concurso para as EPAPU

O sindicato informa da existencia de até 30 vacantes nos centros de ensinanzas para persoas adultas

Na Mesa Sectorial do pasado día 3 de outubro, ante a pregunta da CIG-Ensino, a Consellaría de Educación afirmou que este ano non haberá concurso específico para as EPAPU ao considerar que non había suficientes vacantes.

Nestes últimos días, o sindicato contactou con todos os centros que imparten ensinanzas para persoas adultas e constatou que si existen as suficientes vacantes para que sexa oportuno convocar este concurso específico.

O total de prazas que poderían saír a concurso, xa sen ter en conta reducións de cargos de dirección, chegaría ao que figura no cadro anexo.

CENTRO
Vacantes por especialidades
 
EPAPU Eduardo Pondal (A Coruña)
9
1 EP
1 ECO
1 BIO
1 FIL
1 ORT
1 ING
1 MAT
1 LAT
1 PORT
EPAPU Teixeiro
1
1 XeH
 
 
 
 
 
 
 
 
EPAPU Albeiros (Lugo)
5
1 FeQ
1 LG
1 LC
1 MAT
1 FRA
 
 
 
 
EPAPU Monterroso
1
1 EP
 
 
 
 
 
 
 
 
EPAPU Berbés (Vigo)
6
1 BIO
1 FeQ
1 ING
2 MAT
1 TEC
 
 
 
 
EPAPU Ourense
2
1 LC
1 FRA
 
 
 
 
 
 
 
EPAPU Río Lérez (Pontevedra)
5
1 ING
1 BIO
1 LC
1 LG
1 FRA
 
 
 
 
EPAPU Nelson Mandela
1
1 XeH
 
 
 
 
 
 
 
 
TOTAL
30
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Trátase dun total de 30 vacantes a ofertar, das que 28 son do corpo de PES e 2 do corpo de mestres na especialidade de Primaria (EP). Descontando as prazas que se precisan para cubrir as horas das direccións, podemos falar de que están vacantes ao redor dun 25% das prazas definitivas coas que deben estar dotados os centros nos que hai vacantes.

A maiores das EPAPU tamén habería que incorporar 4 vacantes a maiores do IES San Clemente.

Tendo en conta esta situación, a CIG-Ensino ven de dirixirse á Consellaría para que mude a decisión comunicada na Mesa e convoque o concurso específico para as EPAPU.

Temas pendentes que urxe levar á Mesa Sectorial

A CIG-Ensino tamén aproveitou para solicitar de novo a convocatoria de Mesa Sectorial para tratar a orde que convoque o procedemento para o ingreso no corpo de PES do profesorado do corpo de PTFP así como a convocatoria do concurso específico para os Equipos de Orientación Específica (EOE) que se comprometera a convocar a administración

Volver