
CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación modifica os criterios dun premio de innovación, coa previsíbel intención de favorecer á privada concertada
Premios á innovación
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación vén de publicar no DOG a convocatoria dos premios á innovación educativa excluíndo ao profesorado de Formación Profesional, dos conservatorios de música, de ensinanzas artísticas e de ensinanzas de idiomas, incrementando a contía do premio coa previsíbel intención de incrementar tamén os recursos destinados á privada.