CIG-Ensino demandou da Consellaría de Educación que pague de oficio os trienios ao profesorado interino

Interinos

Na Mesa Sectorial de hoxe, 24 de abril, a CIG-Ensino demandou da Consellaría de Educación que pague de oficio os trienios ao profesorado interino.

Na Mesa Sectorial de hoxe, 24 de abril, a CIG-Ensino demandou da Consellaría de Educación que pague de oficio os trienios ao profesorado interino.

 

 A CIG-Ensino propiciou, mediante a achega dunha enmenda ao BNG que a propuxo no Congreso dos Deputados e que finalmente foi incluída no Estatuto Básico do emrpegado público, que o profesorado interino poida cobrar os trienios. O pasado día 18 de abril xa lle presentamos un escrito á Consellaría demandando o seu pago de oficio e desde a entrada en vigor do Estatuto Básico o vindeiro 14 de maio. Hoxe volvimos facer esta proposta na Mesa Sectorial e a Consellaría respostou que a vai estudar. Neste momento están facendo unha avaliación económica do custe total para trasladarlla á Consellaría de Economía e agardarán a coñecer as instrucións da Dirección Xeral da Función Pública (pois este tema non só afecta a Educación). En todo caso, manifestaron que realizarían trámites internos para que se puidese efectivizar o recoñecemento de oficio.

Volver