
CIG-Ensino coas familias que queren escolarizar as súas crianzas no CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol
Piden que se cree unha aula máis de 4º de Educación Infantil para que as súas fillas e fillos poidan ir ao centro público no que solicitaron praza.
No CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol ofertáronse so 20 prazas de cuarto de Educación Infantil para o vindeiro 25/26. Máis houbo unha grande demanda das familias da cidade para poder escolarizar ás súas crianzas nese centro educativo, chegando a ter 35 solicitudes de matrícula para ese nivel.

Hai tres cursos , nese centro houbo unha mínima baixada de matrícula (froito da situación demográfica da cidade e que pouco a pouco vai reverténdose) que aproveitou a Consellería para pechar unha aula de Educación Infantil ca conseguinte desaparición de dous postos de traballo.
A demanda das familias fai que para o vindeiro curso a situación volte a posibilidade de que este centro público poida consolidar a dobre liña en todos os niveis de ensino que imparte.
Dende a CIG-Ensino apoiamos a estas familias para que a súa escolla de centro onde escolarizar ás súas crianzas sexa respectada, á vez que reclamamoslle á Consellería fagan unha aposta sería por mellorar o ensino público, nun centro perfectamente adaptado para ter dúas liñas e que foi remodelado hai un par de cursos.