Chamamento á responsabilidade sindical: 3 de maio folga
Calendario Escolar
Chamamento a responsabilidade sindical
A CIG-Ensino congratúlase que CCOO, UGT ANPE e CSIFs veñan de anunciar que tamén van convocar a folga para o día 3, sumándose así a xa convocada pola CIG-ENSINO e o STEG.
Lamentamos, iso si, que malia telos convocado por dúas veces para valorar a posibilidade de concorrer á folga, non asistiran ás reunións.
Foi, sen lugar a dúbidas, a presión do profesorado e a alta participación nas concentracións do día 18, as preto de 7000 sinaturas que se levan recollido e as diferentes resolucións dos centros e claustros, o que ao final, despois dun mes de inactividade, os levou a convocar a folga.
Unha vez máis invitamos a esas organizacións a confluír conxuntamente na manifestación que está convocada para o día 3 ás 11´30 na praza do Toural.
Ao mesmo tempo, a CIG-Ensino mostra unha vez máis a súa vontade de reunirse para fixar un novo calendario de folga máis aló do día tres de maio até conseguir parar esta agresión.
Malia a que a CIG os convocou a dúas reunións ás que non asistiron e que a nós nin se nos invitou nin se nos convocou as reunións por eles celebradas, unha vez máis facemos un chamamento a responsabilidade sindical para confluír nunha acción sindical conxunta . Por iso a CIG-Ensino, unha vez máis, e será a terceira, vai volver a convocar de novo ao resto das organizacións sindicais. De non asistir entenderiamos que estamos ante unha actitude sectaria que o único prexudicado sería o profesorado.