
Centros educativos de Santiago, Melide, Ferrol, Verín, Vigo, A Coruña e Pontevedra acolleron con éxito peches en defensa do ensino público
No marco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que se está a desenvolver en centros educativos de todo o país
No peche de Vigo, o secretario nacional da CIG-Ensino -organización que fai parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público- rexeitou os recortes propostos e denunciou que con eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado. Ao mesmo tempo, Anxo Louzao criticou que aumentará o fracaso escolar e suporá o despedirá de máis de 2.000 profesores/as.
Por todo isto, esíxelle ao Goberno galego que actúe como tal e non se someta a decisións que van en contra do ensino galego; en definitiva, que se negue, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas contidas no RD Lei 14/2012 e que presente recurso por invasión de competencias.
Podes ver o vídeo do peche de Vigo na seguinte ligazón