
Cen persoas participan no peche no IES Ánxel Fole en Lugo
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a sumarse a estas accións e á manifestación en Santiago o 3 de xuño
O calendario de peches da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ata o 3 de Xuño, data na que está convocada unha manifestación que confluirá coa convocada en defensa da sanidade pública, é o que segue: Lugo (24 de Maio), Burela (25 de Maio), O Morrazo (29 de Maio), A Guarda (30 de Maio), Carballo (31 de Maio), Ourense (1 de Xuño).
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeita os recortes propostos, denuncia que con eles se ataca gravemente o ensino público, a súa calidade e o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentará o fracaso escolar e despedirá máis de 2000 profesores/as. Por todo isto, esixe que o Goberno galego actúe como tal e non se someta a decisións que van en contra do ensino galego, que se negue, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas contidas no RD Lei 14/2012 e que presente recurso por invasión de competencias. A Plataforma esta integrada por diferentes entidades (organizacións sindicais, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica , organzacións estudiantis, partidos políticos...) e permanece aberta e a novas adhesións individuais e colectivas.