
Carta do Secretario Nacional da CIG Ensino ao Conselleiro de Educación sobre a Lei de Convivencia e Participación
Para a CIG-Ensino, esta proposta de Lei é un engano do Partido Popular a todos os galegos e galegas e, nomeadamente, ao profesorado.
Nunca é tarde para rectificar se hai vontade de facelo. Ten agora unha oportunidade. Retire este anteproxecto, reabra un amplo debate no ámbito do ensino, convoque a Mesa Sectorial e, a partir de aí, elabórese unha verdadeira Lei do Sistema Educativo Galego que dea resposta satisfactoria ás necesidades da educación pública galega que pasan por, entre outras, dotar de profesorado suficiente os centros públicos, reducir o alumnado por aula, incrementar o investimento no ensino público para facer real a igualdade de oportunidades, incrementar os recursos para a atención á diversidade e a educación personalizada e restituír os nosos salarios. Sería a única maneira de que o alumnado galego teña o ensino que lle corresponde e o profesorado poida desempeñar o seu traballo en condicións satisfactorias.