
Axudas de MUFACE para apoio a mulleres mutualistas vítimas de violencia de xénero
Publicada no BOE de hoxe, 26 de outubro, a convocatoria destas axudas que se realizan por vez primeira.
A continuación achegamos toda a información sobre esta nova convocatoria.
Prazo: 27 outubro ao 15 de novembro.
Contía: 1000 euros por solicitante e convocatoria. A mesma cantidade por cada fillo ou filla beneficiario.
Excepcionalmente, poderá recoñecerse e pagarse unha única vez a axuda con carácter retroactivo ás vítimas que puideran ser obxecto de axuda desde o 28 de Xuño de 2005 (data na que entra en vigor o apartado correspondente da Lei Orgánica 1/2004)
Requisitos: As solicitantes deberán ter acreditada a súa condición de vítima de violencia de xénero mediante algunha das formas previstas no artigo 23 da Lei Orgánica 1/2004.
Presentación: MUFACE recomenda tramitar as solicitudes a través da Sede Electrónica con Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico.
Quen desexe presentar a solicitude presencialmente na súa correspondente oficina provincial non terá que pedir cita previa.