Avancemos na conciliación da vida laboral e familiar. Avancemos na igualdade de oportunidades para as mulleres

8 de marzo, Día Internacional da Muller

No curso pasado a CIG-Ensino levou unha campaña en demanda de novas medidas de conciliación da vida laboral e familiar no ensino, facendo especial fincapé na urxente necesidade de posibilitar a acumulación do período de lactación. Esta campaña tivo como resultado a orde do 29 de marzo de 2006, onde se regula esa posibilidade, ademais de posibilitar o goce do mes de vacacións correspondente a aquelas mulleres que pairan no mes de xullo ou agosto, ambos non lectivos. Con posterioridade a Consellaría publicou outra orde sobre comisións de servizo para a conciliación de vida familiar e laboral (DOG 30 de xuño 2006), e posibilitou a preferencia absoluta no concurso de traslados para as vítimas de violencia de xénero.

 

8 de marzo, dia internacional da muller

Loitando por un modelo socioeconómico novo, xusto e solidario

Plano de Igualde no ensino

Muller e traballo

Linguaxe non sexista

Unidades Didácticas

 CONCENTRACIÓN, VENRES, DÍA 6, ÁS 12 HORAS 
SAN CAETANO

REITERAMOS A NECESIDADE DUN PLAN DE
IGUALDADE NO ENSINO


Hai un ano, con motivo da celebración do día internacional da Muller Traballadora, a CIG-Ensino reclamaba da Consellaría de Educación a elaboración dun Plan de Igualdade para o noso sector, algo que aparece recollido como obrigatorio para a Administración autonómica na Lei de Traballo en Igualdade das Mulleres de Galiza. Para demostrar a súa necesidade, elaboramos un traballo de recollida de datos no que se demostraba a baixa presenza das mulleres nos cargos directivos dos centros educativos, sobre todo tendo en conta a alta porcentaxe de mulleres docentes (Ver CIG-Informa).
 
Precisamente o primeiro que estabelece un plan de igualdade é o compromiso das partes implicadas e a diagnose da situación, que debe ter en conta non só a presenza da muller na dirección dos centros, senón tamén aspectos como participación en actividades formativas, grupos de traballo e investigación, intercambios, promoción...
 
Recentemente, a Consellaría de Traballo publicou un Decreto polo que se regula a promoción da igualdade nas empresas (DOG de 19 de febreiro). Porén, as Administracións públicas non teñen iniciado ningún plan nos seus departamentos ou organismos. Por esta razón, delegadas e delegados sindicais da CIG concentrarémonos o venres, día 6, ás 12 horas, diante do edificio da Xunta, en San Caetano.

 

 

Volver