As Xefaturas Territoriais da Consellaría de Educación só atenden o 27% das vacantes reclamadas pola CIG Ensino en nome dos centros e do profesorado

Desde a CIG Ensino solicitaremos unha reunión coa Subdirección Xeral de Recursos Humanos para tratar as 310 vacantes rexeitadas polas xefaturas territoriais

Este ano a Consellaría de Educación tomou a decisión de devolver a negociación das vacantes ás xefaturas territoriais. 

Desde a CIG Ensino xa anunciamos na Mesa Sectorial que esta decisión non era axeitada e comprometemos ao subdirector xeral de Recursos Humanos a, unha vez rematadas as negociacións nas xefaturas, manter unha segunda rolda de negociacións en Compostela, coa propia Subdirección Xeral de Recursos Humanos.

Queda claro que o que adiantabamos na Mesa Sectorial sobre o inadecuado de levar as negociacións ás Xefaturas era así, cando se observa que só se atende o 27% das vacantes reclamadas, destacando especialmente a Xefatura de Ourense onde só se atenderon o 25% das vacantes solicitadas.

Podedes ver nas seguintes ligazóns as 426 prazas solicitadas pola CIG Ensino e a resposta das xefaturas territoriais a cada unha delas.

Información das vacantes de primaria e infantil reclamadas pola CIG Ensino nas distintas xefaturas territoriais.

A Coruña: PDF

Lugo: PDF

Ourense: PDF

Pontevedra: PDF

Información das vacantes de secundaria reclamadas pola CIG Ensino nas distintas xefaturas territoriais.

A Coruña: PDF

Lugo: PDF

Ourense: PDF

Pontevedra: PDF

Todas as vacantes non concedidas serán presentadas ante a Subdirección Xeral de Persoal para a súa negociación de cara á publicación das vacantes do Concurso Xeral de Traslados.

Podes ler toda a información sobre o CXT na seguinte ligazón

Volver