
As organizacións estudantís galegas convocan folga no ensino para o 20 de febrero contra a LOMCE e os recortes
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento a apoiar e facilitar a participación na folga
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento aos centros e ao profesorado para que faciliten a participación do estudantado na folga do 20 de febreiro convocada polas organizacións estudantís galegas.
Esta folga ten como obxectivo denunciar os recortes na educación e as consecuencias que traerá consigo a aplicación da LOMCE, polo que ten de privatizadora, clasista, confesional, españolizadora e uniformizadora, e de desmantelamento do ensino público galego.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anima ao profesorado a que, na medida das súas posibilidades, tamén participe nas mobilizacións convocadas.
Ligazón ao manifesto e mobilizacións convocadas:
- Santiago de Compostela: Alameda. ás 12 00
- A Coruña: Praza de Vigo ás 12 00
- Lugo: Edificio Intercentros ás 11:30 e na Horta do Seminario ás 12:00
- Ferrol: Praza de España ás 12 00
- Ourense: Rúa do Concello (diante da Xefatura Territorial de Educación) ás 12 00
- Pontevedra: Praza da Peregrina ás 12 00
- Vigo: Praza América ás 12 00
- Carballo: Praza do Concello ás 12 00
- Cee: Praza 8 de Marzo ás 12 00
- Ribeira: diante da estación de autobuses ás 12 00
- Moaña: diante do edificio do Concello ás 12 00
- Noia: Diante do IES Virxe do Mar ás 12 00
- Ponteareas: Rúa Feliciano Barrera ás 12 00
- Pontedeume: porta do I.E.S. Breamo (ás 10h)
- Ribadeo: diante do IES de Ribadeo ás 12 00
- Sarria: Praza da Vila ás 12 00
- Verín: Avda. de Portugal-Diante IES Xesús Taboada Chivite ás 12 00
- Vilalba: Praza da Constitución ás 12 00
- Vilagarcía: Praza de Galiza ás 12 00