As organización sindicais con presenza no ensino concertado conseguimos que a Consellaría fixase data para reunírmonos o 16 de marzo

Ensino concertado

As organizacións sindicais do ensino concertado levaron hoxe a cabo dúas accións reivindicativas. Ás 10:30 Entregaron un escrito ao valedor do pobo e as 11:30 concentráronse na Consellaría de Educación para solicitar ser recibidos polo Conselleiro.

A CIG-Ensino e demais organizacións sindicais demandan da Consellaría de Educación que se retomen as negociacións que quedaron totalmente paralizadas sobre os diferentes asuntos que afectan ao sector, entre os que subliñamos o acordo de recolocación para o profesorado que quede sen traballo, así como o cumprimento dos acordos xa asinados.

O Conselleiro e o director xeral finalmente fixaron unha data para esta xuntanza demandada que será o vindeiro 16 de marzo.

Volver