As EOIs seguen na loita. Non á Circular 5/2009

As EOIs seguen na loita. Non á Circular 5/2009

Hoxe día 11 de decembro e seguindo os acordos da asemblea do 10 de novembro o profesorado das EOIs concentrouse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela na Inauguración das Xornadas de Atención á Diversidade: “Mellora do Clima da Aula”, ás que asistiu o Conselleiro de Educación e Ordenación Unviersitaria, Jesús Vázquez Abad.

Traballadoras e traballadores das escolas oficiais de idiomas concentráronse na Inauguración das Xornadas de Atención á Diversidade: “Mellora do Clima da Aula”, ás que asistiu o Conselleiro de Educación e Ordenación Unviersitaria, Jesús Vázquez Abad.
O profesorado denunciou a situación actual das EOIs con continuos cambios, por parte da inspección, nos horarios que, a día de hoxe, aínda non foron aprobados con carácter definitivo en moitas escolas. Por outro lado, mostraron a súa preocupación ante a actitude da Consellaría que lles está a impor a realización de determinados cursos monográficos, cando a proposta destes cursos lle compete ao Consello Escolar da EOI e debería ter sido feita ao finalizar o curso pasado, polo que a Administración está a vulnerar as canles regulamentarias para esta proposta.

Volver