
As EOIs continúan coas mobilizacións, coa impartición de aulas na rúa o xoves 10 de decembro
Retirada da circular 5/2009
O xoves 10 de decembro, na Praza de Abastos de Santiago, o profesorado da Escola Oficial de Idiomas desta cidade tomou o relevo das aulas na rúa. Impartíronse aulas de Galego, Francés, Alemán e Inglés ás 11 da mañá e ás 16:00h. Esta iniciativa enmárcanse dentro do calendario de mobilizacións que está a levar a cabo este colectivo en demanda da retirada da circular 5/2009, imposta pola consellaría de Educación a estes centros sen ningún tipo de negociación.
De Caixa suspensa |
As aulas na rúa que se están levando a cabo en todas as EOI rematarán o 17 de decembro. As mobilizacións continuarán logo do Nadal, comezando cunha marcha entre o Monte do Gozo e o Obradoiro, o 23 de xaneiro.