As catro OO.SS. da Mesa Sectorial reúnense mañá mércores coa conselleira de Educación para demandar a negociación da recuperación do horario lectivo

Despois do peche celebrado nas dependencias de San Caetano o pasado mércores, a conselleira accedeu finalmente a recibir os e as representantes sindicais esta semana

A CIG-Ensino xunto coas outras OO.SS. trasladaranlle de forma unitaria a esixencia de recuperar as 18 períodos lectivos máximos semanais en Secundaria e as 21 horas en Primaria que tiña o profesorado galego antes do recorte feito polo goberno de Feijóo

Ante a recuperación destas condicións que xa se produciu noutros sete territorios do Estado, a Consellaría non pode seguirse negando ao que é unha simple devolución de dereitos e deixar de ter a Galiza á cola en canto á xornada laboral do seu persoal docente.

Volver