As bases da erradicación. Un retroceso de máis de vintecinco anos. Todas e todos á folga do 21 de xaneiro.

PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

As bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo, aprobadas con nocturnidade e ocultamento polo Consello da Xunta do pasado día 30 de decembro, en pleno período de descanso do Nadal, supoñen un retroceso absoluto con respecto a todos os decretos aprobados desde a promulgación, en 1983, da Lei de Normalización Lingüística, retrotraendo así o uso do noso idioma á época franquista. Estas bases conculcan a lexislación existente e o propio Estatuto de Autonomía e perseguen a eliminación do noso idioma como lingua útil, desterrándoa do sistema educativo e despoxándoa de todos os dereitos, de tal maneira que non se afi ance e gañe novos falantes entre as xeracións máis novas.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas