
Aprazadas as eleccións sindicais para o día 9 de decembro
Debido ao mal tempo
O PROFESORADO GALEGO DO ENSINO PÚBLICO ELIXE O 9 DE DECEMBRO OS SEUS REPRESENTANTES.
O 9 de decembro, levaranse a cabo as eleccións sindicais no ensino publico non universitario. Para este fin, están constituídas 1079 mesas (130 en Lugo, 446 en Pontevedra, 335 na Coruña e 158 en Ourense) nas que o profesorado poderá exercer o seu dereito ao voto. O horario estabelecido para as votacións é de 11:00 a 14: 30 e de 16:30 a 18:30 horas.
Un total de 32.384 profesores con dereito a voto van elixir 146 delegados/as de persoal (10 máis que hai catro anos) dos/das cales corresponden 47 á Coruña, 29 a Lugo, 27 a Ourense e 43 a Pontevedra.
A CIG-Ensino é na actualidade o sindicato maioritario con 53 delegados/as de 136 e 8.484 votos, cunha representación do 40%, superando a suma, tanto en votos como en delegados/as, dos dous sindicatos seguintes.
Resultado das eleccións sindicais no ensino non universitario do ano 2006
CIG | ANPE | CCOO | UXT | CSIF | STEG | |||||||
VOT | DEL | VOT | DEL | VOT | DEL | VOT | DEL | VOT | DEL | VOT | DEL | |
CORUÑA | 3417 | 19 | 923 | 5 | 1637 | 9 | 1066 | 6 | 282 | 0 | 636 | 4 |
PONTEVEDRA | 3400 | 19 | 632 | 3 | 1281 | 7 | 1391 | 8 | 0 | 0 | 647 | 4 |
LUGO | 979 | 8 | 612 | 5 | 416 | 3 | 670 | 5 | 399 | 3 | 331 | 3 |
OURENSE | 688 | 7 | 379 | 4 | 831 | 8 | 332 | 3 | 0 | 0 | 289 | 3 |
TOTAL | 8484 | 53 | 2546 | 17 | 4165 | 27 | 3459 | 22 | 681 | 3 | 1903 | 14 |