![](hemeroteca/files/images/IMG_7323.jpg)
Aplicación do V Convenio dos laborais da Xunta para o persoal do Consorcio
O traballo dos últimos anos comeza a dar resultados
A firmeza da CIG na defensa dos dereitos e intereses do persoal do Consorcio, o traballo diario dos/as nosos/as delegados/as, a determinación en seguir adiante coa nosa folla de ruta de mobilizacións incluso anunciando a convocatoria de folga de ser preciso, foi o que propiciou que se iniciara a Mesa de Negociación para a aplicación do V Convenio. As conquistas non se conseguen con paripés de negociacións nin fotos de última hora, conséguense con traballo. Desde a CIG cumprimos o compromiso de loita polos nosos dereitos laborais.
Novas relacionadas
![](imaxes/adaptadas/120/files/novas/2024/07/reunionminis.png)