Anxo Louzao comparecerá na Subcomisión para a Elaboración dun gran Pacto de Estado Social e Político pola Educación no Congreso

Mañá martes día 14 de marzo ás 11:30 horas

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao comparecerá mañá martes, día 14 de marzo, ás 11:30 horas, no Congreso dos Deputados, na “Subcomisión para a Elaboración dun gran Pacto de Estado Social e Político pola Educación”. Abordará a situación actual do ensino en Galiza e presentará as liñas básicas, coas alternativas e propostas, que para a CIG-Ensino son necesarias en calquera acordo educativo que pretende abranguernos a todos.

Volver